20/3/12

LEMBRAMOS A CARLOS CASARES NO DÍA DA POESÍA

Con este vídeo, queremos facer unha pequena homenaxe dende a nosa escola "Rosalía de Castro" en Xinzo de Limia ao escritor limiao Carlos Casares, neste 21 de marzo en que comeza a primavera, e que tamén é o día que lle adicamos a poesía. Aquí podedes ver e escoitar unha escolma de caligramas inéditos, elaborados polos nos@s alumn@s, adicados ao autor Carlos Casares, as súas obras e ao entorno onde viviu a súa infancia.

 

16/3/12

21 de MARZO, DÍA DA POESÍA

Premendo na imaxe atoparás unha chea de recursos para traballar na vindeira semana o día internacional da poesía.