28/5/14

Atletismo en Ourense

Ao longo do mes de marzo, abril e maio celebráronse en Monterrei (Ourense) tres probas previas clasificatorias para o campionato provincial de atletismo. Concretamente leváronse a cabo os sábados 22 de marzo e 5 de abril e o domingo 11 de maio.
Finalmente o pasado sábado 24 de maio acudimos á final provincial con máis dunha decena de rosalianos.
A experiencia foi incrible, tivemos tempo de participar, xogar, coñecer novos amigos, comer, guerrear...
E os resultados impresionantes...trouxemos para o cole máis medallas que atletas!!!


Coidamos dos nosos bosques

Estes días contamos no noso cole cunha vista moi especial. O axente forestal Xan Portela do XV Distrito veu ao noso centro a contarnos cousas sobre os nosos bosques. Explicounos que tipo de árbores e animais podiamos ver canos saímos dar un paseo pola nosa contorna, e aos máis pequeniños contoulles un conto cun simpático teixugo como protagonista. Pasámolo moi ben e gustáronnos moito as súas historias. De seguro que pronto volverá facernos outra visita.
















26/5/14

Fin de semana en Lodoselo

    O alumnado de 5º A (e algúns máis) pasamos o sábado 24 e domingo 25 en Lodoselo. Xa estiveramos tod@s os de cuarto o curso pasado facendo as actividades "tipo" dun día de Pobo escola (facendo o pan, obradoiro do carballo con botas, paseo no carro co burro fariñeiro, etc.) pero esta vez pasamos a noite no albergue!!!! 
   Antes fixemos actividades cos animais, visitamos a granxa do José (ata estivemos na sá de ordeño con Josefa, Rosa Mari e Sabela) e collemos os ovos para a cea. Despois do partido fixemos un roteiro nocturno acompañados por Néboa (unha cachorra mastina) ata un souto de castiñeiros (onde vimos guaridas de animais salvaxes) e participamos nunha velada que nos preparou Alberto (co Meles Meles de protagonista).    O domingo visitamos ás persoas que están na Vivenda Comunitaria "A túa outra casa" e estivemos no "fiadeiro" aprendendo cómo a partires da lá das ovellas e do liño que se sementaba nas leiras se tecía; despois atendemos os animais (galiñas, coellos, sacamos as ovellas, os burros -e montamos na Torda e Terra-), aprendemos algúns xogos populares e tradicionais, etc. E, despois de xantar, tras visitar a mesa electoral que estaba no antiga escola do pobo fomos ó colmear. Pasámolo xenial !!!!!
   Velaquí algunhas fotos para lembrarmos momentos desta saída. 

21/5/14

Canasta!!

Onte, martes, tocoulle ás nenas e nenos de 3º e 4º de Primaria desfrutar dunha xornada de baloncesto. Nesta ocasión compartiron experiencias cos rapaces e rapazas do Carlos Casares e de Vilar de Barrio.
Tratouse dunha xornada lúdica na que os e as deportistas xogaron mesturados aprendendo e poñendo en práctica aspectos básicos deste deporte.








Comarcal orientación

O pasado mércores 14 de maio levouse a cabo na Sainza o 1º campionato comarcal de orientación.
Ao redor de 20 rapaces e rapazas de 6º curso do Rosalía xunto con outros nenos e nenas do Carlos Casares, do colexio de Vilar de Barrio e do colexio de Rairiz participaron nesta interesante e divertida xornada.
Foi un día cheo de busquedas, exercicio e aventuras que serviu para iniciar aos rapaces na orientación en territorios alleos ao centro.
Agradecer á Agrupación Deportiva Limiactiva a súa total implicación na organización desta actividade. Esperamos que nos vindeiros anos podamos seguir desfrutando da mesma.


18/5/14

Día das Letras Galegas 2014

Para conmemorar esta data tan singular contamos este ano coa presenza no noso centro da Escola de Gaitas e Percusión do Concello de Xinxo de Limia. Grazas á inestimable colaboración dos seus profes, Miguel e Fernando, e grazas a participación dun grupo de alumnado do noso centro, todos e todas poidemos comprobar a mestría destes gaiteiros, pandereteiras e cantareiras... Un auténtico espectáculo. Despois escoitamos fermosos poemas do autor ao que está dedicado este ano esta conmemoración, Xose María Díaz Castro. Recordemos que temos defender e empregar a nosa lingua con normalidade todos os días do ano!!

Segunda sesión de contacontos

Esta vez, Iago, un dos nosos contacontos favoritos voltou ao cole para ensinarnos todo o que esconde e rodea unha boa historia.... O alumnado de segundo ciclo de Primaria desfrutou dos seus contos interminables. Moitas grazas a Stella e a Lía polas súas fotos....

12/5/14

Xornada de tres puntos!

O pasado xoves día 8 algúns rapaces e rapazas de 5º e 6º desplazáronse ata o pavíllón de Xinzo para practicar baloncesto xunto con outros compañeiros e compañeiras do CEIP Carlos Casares e do colexio de Sarreaus.
Foi unha mañá moi amena e divertida na que os/as nenos/as practicaron e aprenderon aspectos básicos de esta modalidade deportiva.
Próximamente serán os alumnos/as de 3º e 4º os que disfrutarán deste tipo de xornada.





6/5/14

O neno e a estrela

Carmen Sanmartín CEIP (Santiago Apóstolo FRanza-Mugardos) achegou esta información: "O neno e a estrela".  Trátase dun conto editado polo colectivo Fabaloba sobre Díaz Castro de pequeno.
Baséase no seu poemario NIMBOS.
"O libro, que está xa a venda en papel, edítase baixo unha licenza Creative Commons e a versión dixital xa se pode descargar de balde. Canda o libro, Fabaloba ten preparadas unha serie de propostas de dinamización baseadas nel (obradoiros de ilustración, escrita creativa e contos)"

Enlace á páxina onde o atopei:


Enlace ao conto:

Enlace ás actividades que propoñen:

5/5/14

Compilación de recursos da Coordinadora Galega de ENDL Letras Galegas 2014



Galiza pode en min. E n-hai fortuna
pra min coma esta gloria de querela.
Amei a Galiza porque onte era miña.
Agora a amo porque eu son seu.

Galiza en min, meu Deus, pan que me deron,
leite e centeo e soño e lus de aurora!
Longa rúa de mar, fogar da terra,
e esta crus que nos mide de alto a baixo.














Coordinadora Galega de ENDL  Letras Galegas 2014
Compilación de recursos sobre Díaz Castro,
http://www.coordinadoraendl.org/letras2014/materiais.html

A Coordinadora territorial EDLG -Gabinete de Normalización Lingüística- tamén nos achegou que 

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de publicar no seu web as guías e os carteis gañadores do Concurso-Exposición Letras Galegas 2014.
Podedes consultalos na seguinte ligazón: 
Neste espazo tamén atoparedes novos recursos e actividades sobre Xosé María Díaz Castro que foron elaborados polos equipos de dinamización da lingua galega.

Por outra banda, comunicámosvos  que, dentro das actividades cinematográficas do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), convócase este ano a V edición do Certame OUFF Escola. Este concurso de creación audiovisual, organizado pola Concellería de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Ourense en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vai  dirixido aos centros de ensino públicos e privados. O prazo para participar finaliza o 27 de xuño de 2014.  Podedes ver as bases na seguinte ligazón: http://www.ourense.es/portalOurense/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_5648_4.pdf

2/5/14

Imos ao Rexo!

Os nenos e nenas de primeiro visitamos o pasado martes 29 de marzo o ecoespazo de O Rexo en Allariz. Aprendimos como facer queixo, visitamos un aula medioambiental, e o que máis non gustou foi estar coas ovellas e darlle de comer os cordeiriños. Pasamos un día fenomenal!