24/6/14

Festival fin de curso

   E rematamos o curso co festival; esta vez foi no polideportivo do cole e quedamos contentos porque o espazo préstase. Parabéns a todos os artistas!!!; e agora, a gozar do verán... E non vos esquezades de LER a calquera hora, en calquera lugar, en voz alta, en voz baixa, só/a ou en compaña, libros en galego e en castelán ou..., narracións, contos, relatos, cómics, poesías, etc. Pero sobre todo, descansa, goza, xoga...

Mestura casi final

   Poñemos aquí unha mestura de actividades que se fixeron ultimamente e das que non publicamos ningunha entrada. Aquí van fotos dalgúns dos nosos traballos na pequena horta do cole e na aula de ordenadores (Infantil), unha charla dun pai do centro (Xosé Calleja) sobre os paxaros que podemos ver no noso patio (5º primaria), a saída ás Corcerizas (2º primaria) e o acto de graduación de Infantil (5 anos).

22/6/14

Mural multideportivo

Seguindo co traballo e coa importancia do programa xogade no noso centro, iniciouse, neste 3º trimestre, a creación dun mural multideportivo.
Con elo o que se pretende é un traballo interdisciplinar do deporte escolar nas aulas.
O proxecto consiste na elaboración dun debuxo sinxelo dunha modalidade deportiva diferente en cada aula, podendo investigar sobre a mesma  na biblioteca, no ordenador ou na casa.
Os materiáis utilizados para a realización do debuxo son unha plancha de cartón pluma tamaño A2, lapis, plastilina de cores e alquil.
Trátase dunha actividade de traballo en equipo na que os rapaces e rapazas colaboran, investigan e crean.
O vindeiro curso seguiremos coa súa elaboración, aquí queda unha mostra do feito ata o momento.



Patio alternativo

Despois do éxito obtido ca posta en marcha dos mércores alternativos (nos que os rapaces e rapazas disfrutan practicando diferentes xogos populares durante os recreos) o noso centro vestiuse de gala.
Así quedou o noso patio grazas o gran traballo de Aurora.



17/6/14

Excursión 2º ciclo

Onte tocoulles aos alumnos e alumnas do 2º ciclo marchar de viaxe de fin de curso á Coruña.
Foi unha xornada moi intensa na que os rapaces e as rapazas descubriron e afianzaron aprendizaxes a través da experimentación directa e o xogo.
Ao longo da mañá os nenos e nenas disfrutaron na Casa das Ciencias e no Planeario.
Pola tarde, despois dunha comida rápida, visitaron o Aquarium, o cal sorprendeu á maioria dos excursionistas, e o Museo do Home, comezando pola visualización dun video en 3D e rematando coa visita ás diferentes salas do museo.
Tratouse dunha saída lúdica e cultural na que o tempo pasou voando. Pedimos disculpas polo incumplimento do horario de chegada, en vindeiras ocasión intentaremos calculalo mellor.

Aqui deixamos algunhas fotos da xornada.

8/6/14

Campionato galego federado de atletismo

Xornada de boísimas sensacións a do pasado sábado, na que varios alumnos do Rosalía participaron no campionato galego federado de atletismo.
Máis dunha decena de rapaces das A.D Limiactiva e A.D Limia se fixeron notar nas diversas probas de atletismo realizadas ao longo de todo o día na cidade de Vigo.
Destacar o bronce de Alejandro Morales en lanzamento de peso, a prata en 1000m de Xavier Rodríguez, os bronces de Annas e Said e os boísimos postos de Daniel Rodríguez, Alex Rodríguez, David Álvarez, Kevin Rodríguez e Óscar Vences; todos entre as 10 mellores marcas das súas probas.

Agradecer a todos os pais e nais a súa colaboración para o transporte e o correcto desenvolvemento desta aventura. Sen vós sería moi complicado poder brindar estas experiencias tan gratificantes e inolvidables aos nenos e nenas.

Ata aquí as xornadas de deporte escolar do curso 2013-2014...para o vindeiro ano máis e mellor!






3/6/14

Deportistas na prensa

Hoxe aparecemos novamente no suplemento + Deporte de "La Región"... 
Encontrádesvos??






2/6/14

Campionato provincial escolar de fútbol sala

O pasado sábado 31 de maio celebrouse nos pavillóns de Xinzo de Limia e Baltar o campionato provincial escolar de fútbol sala.
Como sucedera o ano pasado, a A.D. Limia presentou a dita cita un equipo benxamín mixto e outro alevín masculino. Ambos equipos estan formados por rapaces e rapazas dos diferentes coles da comarca, específicamente do de Rairiz, Sarreaus, Casares e Rosalía. 
Foron tres equipos en cada categoría os que se desputaron o campionato. O colexio Sagrado Corazón de Celanova e o colexio Vila do Arenteiro (Carballiño) foron os contrincantes do equipo da Limia, pero únicamente na pista, xa que no tempo de ocio e durante a comida todos os futbolistas compartiron xogos e aventuras no parque do Toural.
Foi unha estupenda xornada de deporte e convivencia na que ademáis, os dous equipos locais, se proclamaron campións provinciáis.
Rematamos así as xornadas  de deporte, na súa modalidade escolar (non federada), ata o vindeiro curso.
Esperamos poder seguir brindando os alumnos e alumnas estas experiencias,intentando favorecer, en todo momento, a súa formación e motivación cara a actividade física e o deporte como un hábito saudable.