30/9/15

Comezan os equipos de "supervisión ambiental"

“SUPERVISIÓN AMBIENTAL” NO CEIP ROSALÍA DE CASTRO. Xinzo de Limia.
(Tamén chamadas “PATRULLAS VERDES”)
·  Somos grupos dunhas 4 persoas de primaria que imos rotando cada semana
·  Pretendemos manter un “bo clima” no centro, fomentar e educar no coidado do entorno.
·  Levamos un distintivo (chaleco verde), un recolledor e unha escoba e coidamos que toda a comunidade educativa que transite polo centro teña un bo comportamento cívico (convivencia pacífica: somos conscientes dos nosos dereitos e deberes).
·  Non nos dedicamos a recoller o que outros tiran: facemos unha labor de concienciación, de conservación e mellora do entorno. Coidamos que o noso espazo, si, esté limpo e se alguén tira lixo ó chan, amablemente indicámoslle que ese comportamento non é axeitado, que o recolla e onde debe gardalo (se lle caeu, sen darse conta) ou tiralo (papeleiras, contedores diferentes...). Se o alumn@ non lle fai caso ós membros do equipo, inmediatamente avísase ó profesorado que está de garda nese espazo do patio.
·  Antes de volver deixar os recolledores en recepción deben baleirarse nos contedores que temos no patio do centro (porta principal automática).
·  Todos os titor@s estamos atentos á semana que nos toca facelo a nosa aula e pasarlle os chalecos distintivos á aula seguinte (ou ir pedilo, se se nos esquece a quen debemos pasalo).

CALENDARIO  CURSO  2015/16______________________________________________

6º B  5 a 9 de outubro   -    11 a 19 de febreiro     -    6 a 10 de xuño 
6º A   13 a 16 de outubro   -    22 a 26 de febreiro    -    13 a 21 de xuño
5º B   19 a 23 de outubro    -   29 feb. a 4 de marzo
5º A    26 a 29 de outubro   -   7 a 11 de marzo
4º B    2 a 6 de novembro   -   14 a 18 de marzo
4º A    9 a 13 de novembro   -  29 marzo a 1 abril
3º B    16 a 20 de novembro   - 4 a 8 de abril
3º A     23 a 27 de novembro   -  11 a 15 de abril
2º C    30 Nov. a  4 de decembro   -   18 a 22 de abril
2º B      9  a 17 de decembro   -   25 a 29 de abril
2º A    7 a 15 de xaneiro    -  2 a 6 de maio
1º C    18 a 22 de xaneiro   - 9 a 13 de maio
1º B     25 a 29 de xaneiro    - 18 a 27 de maio
1º A     1 a 5 de febrero   -  30 maio a 3 de xuño

29/9/15

"VI Abraço ao rio Lima": imos para Ponte de Lima

     No Ceip estamos xa preparados para irmos co alumnado de 4º de primaria -como estes derradeiros anos- este xoves e venres (1 e 2 de outubro) para Ponte de Lima e participarmos no "VI Abraço ao rio Lima".  
VI Abraço ao Rio Lima - Dia Nacional da Água e o Dia Internacional do Idoso 

O Serviço da Área Protegida das Lagoas de Bertiandos e S. Pedro de Arcos, em colaboração com a comunidade educativa do concelho está a preparar mais uma edição do Abraço ao Rio Lima.
A iniciativa que vai já na VI edição, realiza-se a 1 de outubro - Dia Nacional da Água, e consiste em reunir o maior número possível de participantes à volta do Rio Lima.
A ação concentra-se junto ao rio Lima e para além da comunidade escolar conta com a presença dos utentes de instituições de solidariedade social do concelho, que se associam a esta ação, assinalando também o Dia Internacional do Idoso.

Como vem sendo habitual nos últimos anos, a iniciativa conta com a presença de uma delegação vinda de Xinzo de Limia. São cerca de 100 alunos, no âmbito do protocolo de geminação existente há mais de 30 anos entre Ponte de Lima e Xinzo de Limia.

O programa do VI Abraço ao Rio Lima inclui ainda a receção dos participantes, na Expolima, a partir das 9h30 da manhã, onde a festa começa com as seguintes atuações:
  • Escola de Musica de Ponte de Lima
  • Atuação das turmas da E.B.1 de Ponte de Lima (Hino)
  • Encenação da peça de teatro "Lenda do rio Lima" pelo Centro Educativo das Lagoas.
Às 11 horas realiza-se nas margens do Rio Lima o VI Abraço ao Rio Lima.

24/9/15

Ó cole andando, ou en bici... "Camiños escolares"

    ..."A xuízo de Tonucci, que nais e pais "non lles deixen saír aos nenos porque a rúa é perigosa" é todo un "paradoxo"."Eu creo que a rúa é perigosa porque non hai nenos nela, está abandonada", afirmaba. "Se os nenos non poden saír sós da casa non poden ser bos cidadáns, non contribúen a facer a cidade mellor", e se as vías urbanas "só serven para que pasen os coches, os coches non coidan a ninguén", mentres que os peóns "comunícanse, míranse, e se hai nenos na rúa, cóidanos". Con estes principios lanzouse hai xa máis de media década o primeiro Camiño Escolar de Pontevedra, que comezou experimentalmente no colexio Álvarez Limeses."...
   Na procura de ir dando pasos neste sentido, aquí en Xinzo de Limia... 
Botádelle unha ollada a este artigo pinchando no enlace seguinte

23/9/15

Un fill@ e un alumn@ son dúas persoas moi diferentes...

... Aínda que fisicamente se parezan moito, di Carlos Pajuelo neste artigo sobre as relacións entre familias e profesorado: Onde os pais/nais vemos fill@s o profesorado, os mestres/as vemos alumnado...    Pincha no enlace se queres lelo.

http://blogs.hoy.es/escuela-de-padres/2015/09/01/padres-y-maestros-mejor-aliados-para-educar/

18/9/15

Ángel Carracedo, Premio Nacional de Xenética

Pincha neste enlace se queres ler esta nova do 18 de setembro.
 Este ano, participou nas xornadas de Bibliotecas esolares en Marzo (Santiago) e foi como un agasallo especial para o peche dos encontros. Espectacular -para moitos de nós- pola súa humildade. Impactounos moi positivamente. Alegrámonos moito por esta nova !! Si que é unha sorte contar con xente así. Grazas !!!

E poñemos a continuación o texto que con motivo da celebración do Mes da Ciencia escribira  Ángel Carracedo

 Un grande empresario dicíame non hai moito tempo: “Aos científicos valorarannos aquí cando algún se faga moi rico cos seus achados”. A min non me parece que os galegos valoren pouco a ciencia e os seus científicos. Ao contrario, penso que estamos entre as profesións mellor consideradas. Temos a gran sorte de que a xente da nosa terra valora o traballo e a dedicación aos demais por riba de todo.

 Tampouco creo que ningún científico teña entre os seus obxectivos facerse rico. O seu tesouro é o coñecemento e a súa ilusión buscar o porqué das cousas. A súa gran ledicia prodúcese cando fan un descubrimento que lles dá respostas ás preguntas que se fixeron e que ninguén fora quen de albiscar. Gustaríalles traballar na súa terra, pero para iso precisan medios para investigar e un salario que lles permita vivir. Non lles importa que non sexa moito o que gañen, pero si que o proxecto, o grupo onde traballan e o ambiente sexa estimulante. 

 Cada vez concédolle máis importancia a divulgar a ciencia para poder xulgar criticamente o que nos din. E temos que procurar entre todos que estas condicións se dean aquí. O noso número de investigadores é aínda moi baixo e as condicións nas que se desenvolve o seu traballo distan moito de ser comparables coas dos países máis desenvolvidos. E é preciso cambiar esta situación. 

 A investigación é o motor do desenvolvemento e da riqueza dos pobos, e temos que procurar reter o noso talento e mesmo captar novo talento do exterior. Tamén temos, os propios científicos, que integrarnos máis na sociedade, na nosa cultura, no noso sistema produtivo, e sobre todo contar o que estamos facendo. Cos anos cada vez concédolle máis importancia a divulgar a ciencia. Facela é importante, pero tanto ou máis é contar que sabemos e tantos e tantos misterios e problemas que aínda non conseguimos chegar a entender. Saber isto é a única maneira de que a xente valore o que os científicos fan, pero sobre todo é a única maneira de comprender o mundo que nos rodea e poder xulgar criticamente o que nos din, o que é igual que ser máis libres.

 E para chegar á xente da nosa terra hai que facelo no nosa lingua. “Sentímolo noso”, escribía unha mestra dun dos institutos (o meu favorito) onde cada vez que podo voulles contar o que facemos aos alumnos. Entusiasmo e proximidade son a clave da divulgación científica, e que te sintan como eles, do seu mundo, coa nosa fala, é a garantía para que a ciencia se aprecie aínda máis e moitos dos nosos rapaces queiran dedicarse a ela. 

Melloras na nosa biblioteca





Este verán realizamos algunhas melloras no Ceip Rosalía: xa tod@s vos dariades conta de que se pintaron bastantes lugares (tanto no exterior como no interior), pero nós facémonos eco aquí das obras da biblioteca. Eliminouse un tabique para gañar espazo e luz natural. Agora estamos re-organizando e colocando os materiais, co ánimo, de aproveitalos mellor. Xa vedes nas fotos qué diferenza hai e iso que falta o mellor: vós para enchela de vida.
Así que, ídevos preparando... Especialmente os de 6º, para conformar os equipos de axudant@s, os do 1º para "debutar" como membros da charca dos libros con carné...; e tod@s para gozar coa lectura, coas mochilas viaxeiras e as diferentes actividades que estamos a preparar desde a Biblioteca.

9/9/15

Benvid@s ó curso 2015/16.

                      
                       

Lembramos que o vindeiro curso comezará o xoves, 10 de setembro ás 09.15 para todo o alumnado do centro. Asi mesmo informamos que as listas dos grupos-clase e a lista provisional de admitidos no comedor escolar están expostas no exterior do edificio administrativo a partir das 10.00 da mañá do día nove (9) de setembro.