15/2/16

Exposición da "bolboreta Monarca" na Biblioteca

Un dos fenómenos mais abraiantes que nos ofrece a natureza galega é unha visitante de alén do Atlántico:
a bolboreta Monarca, que voa miles de quilómetros coas súas fráxiles ás, cruza o mar e nos visita cada outono cun sixilo que non fai honra a semellante fazaña.
A chegada a Galicia desta bolboreta, espertou unha interesante iniciativa por parte do seu descubridor, o lepidopterólogo galego Eliseo H. Fernández Vidal, para poder obter máis datos sobre o arribo desta especie ás nosas costas: a Operación Monarca.
Foto da actividad
Este proxecto ten como obxectivo que cada vez máis persoas coñezan esta bolboreta e poidan informar das súas observacións, co fin de ter un coñecemento máis profundo da súa presenza en Galicia. Ademáis, pretende que as persoas alleas á lepidopteroloxía se interesen polo coñecemento deste marabilloso mundo e a súa conservación.
O CEIDA e a Deputación da Coruña produciron esta exposición.
Características da exposición
A exposición conta con cinco paneis explicativos sobre como identificar a especie, a súa bioloxía, as súas migracións,...
Panel 1
A monarca, un bo xinete que cabalga polo mundo
Panel 2
Case corenta anos para descubrir o lugar de invernada das monarcas da costa oeste norteamericana
Panel 3
Á monarca sáenlle imitadoras
Panel 4
A monarca: unha viaxeira incansable
Panel 5
A migración e a vida da monarca
Enlaces ao dossier, tríptico e paneis: 
1. http://www.ceida.org/files/exposicions/dossier-monarca.pdf 
2. http://www.ceida.org/files/exposicions/operacion_monarca.pdf
3. http://www.ceida.org/files/exposicions/paneis-monarca.pdf

Ata finais do mes de febreiro estará na Biblioteca escolar

No hay comentarios:

Publicar un comentario