27/4/16

No patio, no Toural, colocando as caixas niño

Por fin tivemos un día primaveral para podermos saír a colocar as caixas niño que prepararamos en marzo. Acompañados por dous membros da Asociación O Bión (Raúl e Pepe) e Antonio, o alumnado de 3º A co seu titor axudamos na colocación das seis caixas niño que tiñamos preparadas. Aprendemos onde colocalos, por que poñelos a certa distancia uns dos outros, como obter as coordenadas aproveitando o GPS... pero tamén tivemos ocasión para xogarmos ó fútbol sen balón, brincar no parque infantil e "adornar" as rúas da vila (como nos dixo algunha veciña) ...

No hay comentarios:

Publicar un comentario