30/5/16

Aprendendo historia con Miro




Este luns, 29 de maio, tivemos con nós a Edelmiro Martínez Cerredelo, que recentemente ven de presentar o seu novo libro, sobre o noso pobo " Xinzo de Limia na Memoria". Nas vísperas de que os de 6º se vaian a Asturias, 4 días, hoxe tocou aprendermos algo de historia, contada por unha persoa que se ten adicado a documentarnos co seu traballo sobre a historia de Xinzo e a comarca. Moitas grazas, Miro.

27/5/16

Celanova, Lodoselo, As Corcerizas, Santiago...

Unha semana moi movida: Alumnado de 6º en Celanova. Visittaron o mosteiro de San Rosendo e a casa de Curros Enríquez e participaron nun concerto didáctico de órgano, acompañados pola profesora Marisol Mendive, profesora de órgano no Conservatorio de Ourense. Interpretaron unha peza tradicional galega " o vlas dos vellos", o Fortuna de K. Orff e a herba de namorar (outra peza tradicional). Velaquí a mostra dunha delas

Os de 1º de primaria nas Corcerizas, o equipamento de Amigos da Terra (en Arnuíde)


 

 

Os de Infantil de 3 anos e os de 3º de Primaria no Pobo escola (Lodoselo) parando antes en Piñeira Seca para ver as instalacións da Patacas Fritas Guays e á volta na parcela da SGHN





Neste enlace podedes ver moitas fotos deste día 

Os de 5º por Santiago: visitaron o Parlamento, as cubertas da catedral e a cidade da cultura. Aquí visitaron a exposición CON-FÍO e tamén realizaron un obradoiro.



25/5/16

Provincial atletismo

Despois da xornada comarcal na Moreira e as 3 xornadas de previas celebradas o 9, 23 de abril e7 de maio en Monterrei, o pasado sábado 21 desenvolveuse a fase final provincial escolar de atletismo. Coma sempre a participación do alumnado do Rosalía así como doutros atletas da Limia foi moi importante, chegando a superar a trintena.
Foron 4 xornadas de nervios e diversión nas que se viviron experiencias novas tanto para nós coma para os rapaces e rapazas.
Sen dúbida modalidade a seguir practicando ao longo dos vindeiros anos.

23/5/16

Celebrando a Manuel María

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!
                      


O pasado venres, 20 de maio, celebramos especialmente ó autor a quen este ano se lle adicou o Día das Letras. O alumnado de 6º coas frautas e o profe de música co piano, a lectura dun manifesto por parte de Anxela e Carlos e a cantiga que entre tod@s cantamos do poema do barco ( que tan ben musicara Suso Bahamonde) foi o que fixemos no ximnasio. 
Despois por niveis xogamos a partires dun trivial que tamén preparou o equipo de Dinamización de Galego e os de infantil puxéronlle a nota de cor ó Mimí. Parabéns a tod@s, especialmente ó equipo organizador.   

Maletas didácticas polo centenario de Camilo José Cela

O 11 de maio de 1916 nacía en Iria Flavia Camilo José Cela:
“A las nueve y veinte de la noche del día 11 de mayo de 1916, jueves, vine a este valle de lágrimas en la casa del paso a nivel de Iria Flavia, ayuntamiento de Padrón, diócesis de Santiago de Compostela, provincia de La Coruña, banda de estribor de la ría de Arosa, allá donde se encuentran los ríos Sar y Ulla” (La rosa, 1959).
Por este motivo, a Fundación Pública Gallega Camilo José Cela preparou algunhas actividades especiais; unha delas o das maletas didácticas tivémola no Centro ata o 20 de maio. E o alumnado de 4º en plena actividade cos materiais das valixas. 

19/5/16

Goooooooooooool!!

Despois das dúas xornadas comarcais de fútbol sala celebradas en Xinzo os días 27 e 28 de abril, o pasado sábado varios nenos do Rosalía asistiron á fase final do campionato provincial escolar de fútbol sala que se desenvolveu no pavillón dos Remedios.
Un ano máis a experiencia foi positiva e os resultados espectaculares acadando o 1º posto alevín e o 2º benxamín.
Noraboa rapaces!!!

18/5/16

Cé Orquestra pantasma

Tivemos nesta semana das letras galegas con nós, o mércores 18, a "Cé Orquestra pantasma". Cé orquestra pantasma é César, un músico autodidacta apaixoado dos instrumentos musicais con quen gozamos escoitándoo, cantando e bailando, aprendendo cantigas (poemas de Manuel María; tamén de Rosalía). Este artista que meteu a alumnado e profesorado no peto comezou a súa andaina musical ós oito anos dentro da música tradicional e dende aquela non deixou de navegar polos variados estilos da música popular.
Aquí vos deixo o enlace á súa web  http://www.ceorquestrapantasma.com/  
E agora, velaquí a montaxe coas fotos do ben que o pasamos nesta festa - actuación. Parabéns a tod@s e especialmente a César polo seu ben facer.

12/5/16

Teatriño organizado polas axudantas da biblioteca

Tiñamos pendente de subir as fotos da actividade que prepararon -xa no mes de abril, con motivo do día do libro e este ano do IV centenario da morte de Cervantes- algunhas das persoas que conforman este curso o equipo de axudantes da biblioteca escolar. Adaptaron o capítulo de "El quijote" que nos representaron como " A aventura dos muíños". Parabéns, artistazas!!!

10/5/16

Acceso a libros dixitais con fins educativos

Image result for La lectura: clave del aprendizaje permanente 132 libros didácticos en pdf para docentes descargas ebook
 Grazas á base de datos da biblioteca OpenLibra podemos ter acceso a unha recopilación de libros dixitais con fins educativos. Trátase dunha boa oportunidade para afondar nunha serie de temáticas sobre educación inclusiva, metodoloxía, recursos didácticos, problemas sociais, integración escolar...
Todo este material educativo atópase dispoñible de forma gratuita e legal para o acceso público. Só hai que ir ó enlace incluído a continuacións de cada título para iniciar la xestión do contido.
Unha vez dentro da plataforma de OpenLibra temos a posibilidade de facer unha lectura online dende o navegador, ou  baixar o libro completo en formato PDF desde calquera dispositivo conectado a Internet.

Algúns títulos paa ir "abrindo boca":
Image result for Leer con los más pequeños -Fichero de actividades de fomento a la lectura en las bibliotecas públicas (leer aquí)
- La lectura: clave del aprendizaje permanente (leer aquí)
- Hacia la formación de lectores en la biblioteca pública (leer aquí)
- Leer con los más pequeños (leer aquí)
- Investigación Educativa: abriendo puertas al conocimiento (leer aquí)
- Profesores excelentes (leer aquí)
- Educar para Emprender: Guía didáctica de educación emprendedora en Primaria  (leer aquí)
- Lecturas y Bibliotecas Escolares (leer aquí)
Image result for Guía para la integración del alumnado con TEA en Educación Primaria Síndrome de Asperger: - Guía práctica para la intervención en el ámbito escolar  (leer aquí)
- Selección de experiencias  innovadoras en las aulas (leer aquí)
-Tratado sobre la Sabiduría  (leer aquí)
- Guía para la integración del alumnado con TEA en  Educación Primaria  (leer aquí)
- Manual de Teorías Emocionales y Motivacionales  (leer aquí)
- Guía para una escuela acogedora e integradora desde el inicio del año escolar  (leer aquí).

5/5/16

Ensinar... Non sen a poesía



Desde Alicia no País das Marabillas ata As aventuras de Tom Sawyer obsérvase unha constante na literatura anglosaxoa dirixida ao lectorado novo. Falamos da parodia dos recitados poéticos habituais nas aulas escolares británicas ou americanas, tal como se le nos relatos emblemáticos de Lewis Carroll e Mark Twain. Mais, naturalmente, hai parodia porque había recitados. En realidade, entre nós (falamos non só de Galicia, falamos de todo o ámbito da península Ibérica) o que non había daquela era literatura para a infancia, é dicir, publicacións especialmente concibidas para seren lidas por nenos e nenas. Fóra, claro, dos libros escolares. Había poesía nas aulas? Si: unha poesía que seguramente os nenos recitaban de memoria, como Alicia e o pobre Tom Sawyer (pobre porque se queda a medias no recitado, o seu nunca foi o éxito escolar), de contidos relixioso, moralizante e patriótico. Ben parodiable, logo. Mais cando por fin o asentamento definitivo dunha literatura para a infancia, tardío entre nós (e aquí “nós” é xa en Galicia e en galego), non hai apenas trazos nin desa poesía escolar nin, consecuentemente, da súa parodia. Seica a poesía está a ser desterrada das aulas. Unha catástrofe que non se inclúe nas estatísticas dos informes PISA nin da OCDE. Pero catástrofe á fin, pensamos nós. E contra esa catástrofe perfectamente evitable se erguen os artigos deste monográfico.

Máis información: Nova Escola Galega


4/5/16

Manuel María, comprometido coa terra

 Image result for fundación manuel maría 
Estamos preparando entre todo o alumnado un libro de gran formato (A3) - a proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega-. Cada nivel temos asignada unha poesía de Manuel María. Temos na biblioteca como material de apoio o libro "Canta o Cuco", coas poesías ilustradas e o CD coas poesías musicadas por Uxía e Magín.
A continuación algúns enlaces con materiais de apoio:
Fundación Manuel María de estudos galegos
Image   Image result for fundación manuel maría
Letras Galegas

Vídeo: A palabra estremecida e alertada.



Outro enlace con poemas de Manuel María do Ceip Ponte dos Brozos (Arteixo)
Escolma de poemas. Manuel María

3/5/16

Día da bici

O alumnado de 5º de Educación Infantil dos Ceip Carlos Casares e Rosalía de Castro (uns cen) con algún profesorado, familias, voluntariado... percorremos algunhas das rúas de Xinzo o pasado venres 29 de abril e deixando estampas espectaculares. Non se poidera celebrar pola chuvia o día sinalado pero foi un acerto suspendelo e esperar por un tempo que veu e que axudou a que todo saíra ben. Moitas grazas a tod@s os que participaron e fixeron posible esta actividade... E grazas especialmente a Cristina polas fotos.

2/5/16

Aí ven o maio...


Aí ven o maio... E o día das letras galegas. Este ano adicado a Manuel María, comprometido coa literatura e coa terra.
Poema de Curros Enríquez cantado por Luis Emilio Batallán (compositor, músico e cantautor titulou o seu primeiro elepéAí ven o maio; converteuse no disco máis vendido en galego)

Para ir abrindo boca: Manuel María: escritor, e por riba de todo, galego.

Camiliño Josesiño veu ó colexio - maletas didácticas


Camilo José Cela, 1980. ©
 O 11 de maio de 1916 nacía na parroquia de Iria Flavia, Padrón (A Coruña) Camilo José Cela Trulock, unha das figuras clave na evolución cultural española, como revolucionario da narrativa e como promotor de proxectos culturais decisivos, especialmente no ámbito literario, onde acadou os máis importantes recoñecementos. Premio Príncipe de Asturias das Letras en 1987, Premio Cervantes de Literatura en 1995 e Premio Nobel de Literatura en 1989, Camilo José Cela abre as portas da literatura española contemporánea con erudición e un dominio lingüístico á altura dos mellores mestres. Este ano 2016, cando se cumpre o centenario do seu nacemento, representa unha data memorable e unha oportunidade única para divulgar o valor cultural seu do legado.


Coincidindo co centenario temos ata o 20 de maio na Biblioteca tres maletas didácticas: ¿quen vive a carón da vía do tren?, Letras remexidas e Pequenas historias para Ed. Infantil e Ed. Primaria; con materiais e orientacións para que sexan os propios docentes xunto co alumnado os que as empreguen.

Outros recursos

Escoitando contos na B.E.

O pasado venres, último do mes de abril, contamos con outra nai do Ceip para a sesión de "Ti tamén contas". Esta vez foi Manoly a que nos veu agasallar con varios contos. Para o alumnado de Ed. infantil e para os de 3º A de Primaria que gozamos dunha estupenda sesión na nosa biblioteca. Moitas grazas a tod@s os participantes.