16/9/16

A lectura, unha chave de futuro


Recomendamos a guía dixital  A lectura, unha chave de futuro, porque nos pode dar boas ideas para tratar a lectura coas familias e para deseñar orientacións para a lectura en familia desde a biblioteca escolar. 
É un proxecto de Letra en Obras, o portal educativo Botóns e da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Cultura.
O recurso está dividido en dez apartados nos que se describe a importancia do hábito lector para o futuro dos nenos e das nenas, os primeiros pasos na animación á lectura, o tipo de libros máis axeitados para cada idade, regras básicas para a lectura en familia,a lectura no mundo dixital,  o papel das librarías e bibliotecas, tamén a escolar, como espazos comúns de lectura. Propón asimesmo algunhas actividades para facer na casa en torno aos libros.
Complétase o recurso co apartado Compartindo experiencias onde persoas destacadas do mundo da literatura, do ensino, das bibliotecas e librarías e de diferentes asociacións contan a súa experiencia e dan algunhas claves para a animación á lectura.
Publicado por Asesoría Bibliotecas Escolares para Rede Lectura el 9/09/2016 08:26:00 a. m.

No hay comentarios:

Publicar un comentario