28/10/16

3º e 4º de primaria no Energytruck e na feira

Energytruck é unha iniciativa do Museo do Gas da Fundación Gas Natural Fenosa que permite vivir unha experiencia didáctica, interactiva e amena no ámbito da enerxía, o medio ambiente e el patrimonio industrial. 

O alumnado de 3º e 4º poidemos descubrir onte, xoves, na praza Carlos Casares, cómo o desenrollo tecnolóxico nos fai avanzar como sociedade, suliñando os cambios históricos e o avance social que supuxo a chegada do gas e a electricidade. Tamén, que é a enerxía, como podemos consumila de maneira responsable... 
Por equipos experimentamos, co método científico e sorprendémonos moitísimo. Despois algúns, aproveitando que era día 27, demos unha volta pola feira e probamos unhas talladiñas de polbo (GRAZAS PUCHO), falamos coa xente (mesmo cunha estatua vivinte ou estatua mimo), atopamos a algunha persoa moi interesante (Antonio Lourenço Fontes, Vilar de Perdizes, Montalegre), convidáronnos a caramelos (Agro Xinzo). Aquí vos deixamos unhas imaxes desta xornada

25/10/16

No día das bibliotecas...

24 de outubro DÍA DA BIBLIOTECA

"Alguén me contou que o 24 de outubro é o Día da Biblioteca. Sería xenial organizar unha festa con confeti e pompas de xabón. Celebrala ao grande. Encantaríame vestirme para tal ocasión como o personaxe dalgún libro, sentarme na mesa dunha biblioteca da cidade onde vivo e esperar a que fosen visitarme. Nas bibliotecas podes ser quen ti queiras. Desde Mary Poppins ata Matilda, Atreyu, Drácula ou mesmo Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter Långstrump. Podes poñerte botas de pelo, plumas, zancos e chapeus. Chapeus! Iso é! Imaxino a unha pequena lectora achegándose a min discretamente, atraída polas cores e formas do meu chapeu:
-- Sombreireira tola, que festa máis marabillosa! Sería tan amable de servirme unha cunca de té?" 

Este fermosísimo texto é de Ledicia Costas, Premio de Clubs de Lectura 2016 .
las-30-bibliotecas-mas-espectaculares-del-mundo

21/10/16

VII Abraço ao río Lim(i)a en imaxes

Como estaba programado os pasados martes e mércores (18 e 19 de outubro) estivemos en Ponte de Lima cun programa moi completo e coas mellores compañas. Moitas grazas por todo. Tamén moitas grazas a Amândio por esta espléndida reportaxe fotográfica que compartimos e divulgamos


Quedamos pois á espera de que ó longo deste curso veñan eles aquí. Engadimos nesta entrada esta imaxe do nacemento do río Lim(i)a para facer, nós mesmos, un contraste despois de terrmos estado estes días na desembocadora en Viana do Castrelo.


Velaquí unha imaxe do nacemento do río Lim(i)a no Monte Talariño, na parroquia de Paradiña, concello de Sarreaus. Río que ten unha lonxitude de 108 quilómetros e unha cunca de 2.387 km² dos que 1.329 km² están en territorio galego.
O regato baixa polo pobo de Paradiña e discorre pola aldea de Couso pasando por Freixo e chegando a Sarreaus. Dende este último Concello percorre toda a Limia ata que chega a Portugal onde pasa polos municipios de Ponte da Barca, Ponte da Lima e Viana do Castelo para rematar no Océano Atlántico.

13/10/16

Outubro: Mes internacional das Bibliotecas escolares

   
   Por este motivo estamos acabando de preparar unha das actividades que facemos todos os anos con moito éxito: un xogo de pistas na biblioteca. 
O obxectivo vai ser atopar un libros a partires dun dato que vos achegamos.
Se resolvedes atinadamente esa primeira proba ímosvos achegar outro apuntamento... 
E así ata conseguir atopar o libro en cuestión.
Outra maneira de aprender como temos colocados/clasificados os libros na nosa biblioteca, o que significan ese números/letras que teñen os libros no lombo (tejuelo), etc,   
Tamén achegamos aquí hoxe, 13 de outubro, a publicación de blognatura no que, ademais de podermos ler algunhas propostas interesantes para a biblioteca do centro ou de aula, nomea  "A charca dos libros" e fai un enlace cara o blog da biblioteca (no que se recolle a nosa participación na festa de voz natura a finais do curso pasado)
http://blogs.voznatura.es/blogmaestrovnat/blog/2016/10/13/rincon-voz-natura-en-la-biblioteca-escolar/

VII Abraço ao río Lim(i)a

http://www.cm-pontedelima.pt/evento.php?id=1975    O alumnado de cuarto de primaria imos participar, un curso máis, na actividade “Abraço ao río Lima” os vindeiros 18 e 19 de outubro. Esta actividade consistirá en dúas xornadas de convivencia co alumnado de Ponte da Lima (Portugal). 
 Xa imos pola sétima edición e todos e todas estamos desexando visitar aos nosos amigos/as portugueses.
Máis información no seguinte enlace:
 http://www.cm-pontedelima.pt/evento.php?id=1975

A Agrupación Musical da Limia no Ceip

   O pasado venres 7 de outubro tivemos no Ceip á Agrupación Musical da Limia. Organizaron tres obradoiros (vento metal, vento madeira, percusión) polos que pasamos por niveis todo o alumnado para coñecer máis de cerca estes instrumentos da man dos que os tocan (moitos deles compañeir@s noso do cole). Rematamos a xornada cun pequeno concerto.
A agrupación pon en marcha unha escola que inclúe tamén actividades extraescolares Démoslle así un pulo a esta actividade que se oferta como actividade extraescolar nas dependencias do cole.
A oferta complétase, ademais de coas modalidades de vento metal, vento madeira e percusión, co reforzo dos estudos reglados do Conservatorio de Xinzo. Así mesmo hai o xardín musical para nenos de 4 a 5 anos ou a banda infantil. 
A matrícula ten un custe de 20 euros e un pago de 15 euros ó mes por tres sesións semanais. Existe outra modalidade de pago que son 50 euros ó mes por catro horas semanais e inclúe 1 hora de instrumento, 1 hora de linguaxe musical e 2 horas de banda de música. 
O director da agrupación, José José Luis Tielas, declarou que se trata dun bo momento para darlle un pulo á institución musical e coa escola poder garantir a súa contiuidade. 



10/10/16

Nace 'O Papagaio', xornal para nenos e nenas de primaria e secundaria

http://praza.gal/movementos-sociais/12821/nace-o-papagaio-xornal-para-nenos-e-nenas-de-primaria-e-secundaria/


Vén de nacer un novo xornal en papel, dirixido especialmente a nenos e nenas de Primaria e Secundaria. Chámase O Papagaio, ten periodicidade mensual (dez números ao ano, descansando no verán), 12 páxinas a toda cor e publícase integramente en galego.
Está impulsado por Edicións moito conto, inclúe temas de actualidade e empresta unha atención especial á ciencia, tecnoloxía, ecoloxía, historia, arte, cultura, integración e banda deseñada. Está aberto á participación dos centros de ensino. O primeiro número xa está dispoñible na rede e ofrécese a posibilidade de subscribirse de xeito anual.
Os seus responsables destacan que a sección de ciencia e tecnoloxía estará asesorada por científicos/as e será presentada por un personaxe fixo: Simio o científico. De igual xeito, a sección de Ecoloxía contará tamén co asesoramento de profesionais e nel trataranse temas relacionados coa agricultura ecolóxica, a bioconstrución ou a reciclaxe. Os temas irán acompañados dun experimento que os e as lectoras poderán poñer en práctica.
Na sección de arte, un pintor chamado Pierrot explicará os segredos dos principais movementos pictóricos da historia; este apartado inclúe a proposta dun exercicio práctico sobre o estilo en cuestión. Dentro do obxectivo de fomentar a integración, aparece a sección Pratos para compartir culturas, que achega receitas de distintos paises. No apartado de Natureza terá un papel destacado "a fabulosa fauna lectora do noso hábitat", que relacionará as distintas especies animais autóctonas coa literatura universal; e, de igual xeito, incluirarse a sección SOS Especies ameazadas, na que os animais en perigo de extinción trasladarán as súas queixas a través dunha carta.
Tamén se inclúe unha sección fixa de banda deseñada, protagonizada por Wifi, un can intergaláctico que vive intensas aventuras nos distintos universos paralelos que nos rodean. E unha tira humorística, Viladenihil, con temática de ciencia ficción social.

7/10/16

VII Xornadas de Bibliotecas escolares

Os días 18 e 19 de novembro, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, terán lugar as VII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia, a cita anual do profesorado interesado polas bibliotecas escolares, a lectura e as competencias en medios e información (ALFIN/AMI).
Serán día e medio intensos dedicados a revisar algúns aspectos fundamentales sobre a biblioteca escolar e as súas funcións nos centros educativos, como soporte e ferramenta imprescindible para unha educación acorde ás necesidadees do alumnado do século XXI e no contexto galego.
Xunto coa difusión de experiencias de interese en todos os ámbitos de actuación da biblioteca escolar (promoción da lectura, traballo coa información, metodoloxía de proxectos, implicación das familias na construción de lectores, apoio ao desenvolvemento do currículo, integración das TIC, interculturalidade e atención á diversidade (biblioteca inclusiva)... Así mesmo haberá unha sesión para comunicacións super-breves titulada "A fume de carozo" no que se poderán coñecer un máximo de 10 actividades "potentes" procedentes de 10 centros (en breve abrirase o prazo de propostas).
A lectura e as linguaxes artísticas, as narracións transmedia, a poesía, a educación artística ou musical, a metodoloxía de proxectos e as necesarias transformacións no modelo de biblioteca escolar serán tema para a reflexión e a ampliación de coñecementos, axudados por expertos nos seus ámbitos como Andrea Giráldez, Xosé Tomás, Guadi Galego, Silvia González Goñi, Mónica Muñoz Sobrino e Asunción Carballo, Glória Durban, Carlos C. Scolari e Fran Alonso.
Até o día 19 de outubro está aberto o prazo de inscrición en FPROFE: https://www.edu.xunta.es/fprofe/ empregando a referencia G1602011.

4/10/16

" As aves do Limia". Exposición fotográfica na B. E.

http://www.seo.org/2016/09/27/mas-400-actividades-gratuitas-celebrar-1-2-octubre-dia-las-aves/

      Con motivo da celebración do día das aves, aproveitamnos para poñer na BIblioteca unha exposición fotográfica sobre "As aves do Limia". Moitas grazacias a Xosé Calleja por facer isto posible. Así que convidamos a toda a comunidade educativa do Ceip; achegádevos por aquí e gozade do fascinante mundo das aves.
      Porque convivimos coas aves e para moitísima xente son unhas grandes descoñecidas. As aves aportan vida e cor ó noso entorno e serven de bioindicadores da saúde ambiental. Unha boa maneira de achegarnos á avifauna é coñecer as especies dos noso entorno máis próximo.