16/3/17

Finalistas no xornalistas na escola


Este pasado mércores, 15 de marzo, atopamos que no suplemento de La Región "Xornal escolar" aparecía o traballo feito, para participar neste concurso, da aula de 4º A do Ceip Rosalía de Castro.  Recibimos a nova cunha gran alegría porque somos, un ano máis, finalistas. Se lle queredes botar unha ollada poñemos aquí o enlace ao noso "Eu son... Rosalía" que tivemos que mandar a comezos de xaneiro e no que recollemos varios traballos:
- A partires do Eu son... Balbino de Neira Vilas (Somos a Aula Neira Vilas) Fixemos unha presentación de cada un de nós pero imaxinándonos cómo estaremos dentro duns 20 anos. 
- O río Limia e os ríos da nosa contorna, as aves do Limia. O abrazo ó río Lim(i)a porque este curso estamos participando na VII edición e contamos a nosa estancia en Ponte de Lima en Outubro.
Parabéns !!!!! E moitas grazas a tod@s os participantes. Que por certo no listado do equipo de traballo non figuran os nomes de Carla Dos Santos e Paula Lama (aínda que si están na foto)

Eu son...Rosalía 2017.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario