31/10/17

Teatro e visitas en Ourense

O alumnado de terceiro e cuarto de primaria pasamos a xornada deste martes 31 de outubro por Ourense. 
Primeiro estivemos no Auditorio nunha das actividades de Afundación; vendo Rubicundo, unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia, perseveranza, a ilusión e o traballo como camiño á posibilidade de perseguir os nosos soños.
Rubicundo é unha obra de teatro do grupo Ghazafelhos onde tres persoaxes interactúan con obxectos, monicreques, bailan e cantan en directo. Fala da necesidade de prestar atención aos pequenos detalles.
Despois manducamos algo que cadaquén levou para a media mañá e os de terceiro subimos ata o xardín botánico desde onde temos un sitio espectacular para ver Ourense e sorprendémonos do que nos contou o noso veciño José Manuel sobre as plantas carnívoras; os de cuarto fixeron o percorrido no tren turístico pola cidade de Ourense, desde a praza ata Outariz.

27/10/17

O Castelo de Portela de Pena


O alumnado de terceiro de primaria co profesorado e a axuda de Protección Civil, a Policía Municipal, a DXT e o noso Director motorizado tivemos unha xornada moi especial este 27 de outubro, día de feira en Xinzo. Achegámonos ata o pobo de Pena con motivo das catas arqueolóxicas que se estiveron a facer na Torre de Pena. 
A gran maioría puidemos ir en bici e os que foron en autobús ata o pobo subiron ata a torre como uns campeóns. Os que fomos en bici ata o pobo despois de sermos recibidos pola vecindade e posibilitarnos o deixar alí as bicis, cascos, roupa... Subiunos o autobús ata a Torre porque alí xa nos estaban esperando Israel e Miguel, dous dos arqueólogos que estiveron a facer estas excavacións. 
Fixemos dous grupos e mentres uns estiveron moi atentos ás explicacións dos últimos achádegos outro grupo estivemos a explorar os arredores (as cercas...). Toda unha aventura: onde algúns viamos ocos entre pedras outros vían portas secretas; e armas e tesouros e ...
Rematamos a mañá baixando de novo ó forno do pobo, recén recuperado polos habitantes do pobo e alí nos tiñan preparadas unas castañas asadas, bicas (do forno de Soutelo Verde). Imposible termos unha atención mellor. Moitísimas grazas ó Pobo de Pena, a Manolo Conde, en especial, ás familias  que nos asaron as castañas e ata as debullaron (grazas Diego e compañía!) para nós. 
E xa volvemos para o Ceip bordeando como fomos a Cidade (Morgade) e polas pistas a maior parte do percorrido. Uns campeóns que experimentamos algo de todo (frío, calor, algunha caída, avarías coas bicis, canseira, esforzo, medo...) e aprendemos (que escribían nas pedras, que rachaban as pedras con madeira e auga... que ó que lle chamamos torre de Pena foi o castelo de Portela de Pena, etc.).   

24/10/17

Convidámosvos a participar no:

I Concurso de cartas literarias


“Samaín, tempo de cartas”

Para participar recollede a plantilla na caixa: ”Concurso: plantillas”  e entregádea na caixa: “Concurso: cartas” que atoparedes na biblioteca.

Data límite de entrega: 3 de novembro                                                    


Convoca: Biblioteca do CEIP Rosalía de Castro

Carta de Papacontos a mascota da Biblioteca


Biblioteca Escolar
CEIP Rosalía de Castro



23 de outubro de 2017.
 Papacontos, 
mascota da Biblio 

Queridos nenos e nenas:
Chega o outono e con el as castañas, os cogomelos, as cabazas… Vaise a calor e veñen o frío, a choiva e os días escuros e con eles retorna Samaín. Volvemos ao mundo do medo: bruxas, pantasmas, caveiras, sapos, curuxas … Que arrepíos!
Pensade na personaxe fantástica que máis medo vos dá.  Que vos gustaría dicirlle, preguntarlle ou contarlle…? ´Velaquí a vosa oportunidade,  participade no I Concurso de cartas literarias:
“Samaín, tempo de cartas”
Bases do concurso:
*    Redactar a carta en galego.
*    Dirixila a calquera personaxe fantástica (bruxa, pantasma, protagonista de conto ou película…)
*    Escribila na plantilla que se recollerá na biblioteca dentro da caixa: “Concurso: plantillas”. Completar a data; escribir o encabezamento, o corpo e a despedida; firmar e escribir o nome, os apelidos e a clase.
*    Entregala na biblioteca deixándoa na caixa: “Concurso: cartas”.
*    Valorarase  a orixinalidade e a creatividade.
*    Terase en conta a presentación, a redacción, o vocabulario, a ortografía e a caligrafía.
*    Elixirase un traballo gañador por nivel que se ubicará no blog:  http://charcalibros.blogspot.com.es/
*    Data límite de entrega: 3 de novembro.

Unha aperta,                                                                          Papacontos

23/10/17

Bibliotecas ó servizo da lectura, da cultura e da cidadanía.

FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA A TOD@S!!!
http://revistababar.com/wp/dia-de-la-biblioteca-2017/

O Día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Faise este día lembrando a destrución da Biblioteca de Sarajevo incendiada en 1992 durante a Guerra dos Balcáns. Van xa máis de dúas décadas desde que a Asociación Amigos del Libro Infantil y Juvenil propuxera esta data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía. 

Posteriormente, o Ministerio de Cultura apoiou esta celebración e todos os anos edítase un cartel cun texto conmemorativo e realízase un acto de celebración oficial. O "pregón" deste ano 2017 pódese consultar AQUÍ

                  Texto del pregón: “Como Mary Poppins, pero sin volar” 

Soy sobrino de bibliotecaria. Desde que tengo memoria, mi tía, que acaba de cumplir ochenta años, me ha regalado un libro el día de mi cumpleaños.  ....  
Hoy es un día especial. Celebramos el Día de las Bibliotecas y celebramos también que cientos, miles de Mary Poppins sin alas velan por los libros que las habitan para que no se mueran ni se vayan, e Ismael siga creyendo que la vida está en los libros y su reflejo fuera. Hoy es el día en que, un año más, la magia se renueva y todas las bibliotecarias y bibliotecarios del mundo se saludan con una mirada cómplice y un largo. hermoso y tierno:
“Supercalifragilísticoespialidoso”.




18/10/17

"Poemar o mar" premio Nacional de Literatura Infantil e X.

Xa o tés na biblioteca

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte anunciou que o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017 é para un libro escrito en lingua galega: Poemar o mar, de Antonio García Teijeiro. O libro de poemas, publicado por Xerais o ano pasado, está ilustrado por Xan López Domínguez. O premio, que escolle entre toda a produción publicada nas distintas linguas oficiais do estado, está dotado con 20 mil euros en metálico.
Cómpre resaltar que dende que se creou o galardón (1978) este é o sexto libro en lingua galega que resulta premiado. Anteriormente recibiron esta distinción as seguintes obras: Das cousas de Ramón Lamote, de Paco Martín; Cando petan na porta pola noite (1995), de Xabier P. Docampo; Os misterios dos fillos de Lúa (1996), de Fina Casalderrey; O único que queda é o amor(2008), de Agustín Fernández Paz; e Escarlatina, a cociñeira defunta (2015), de Ledicia Costas.

17/10/17

Ler dache vidas extra

Que é
O novo Plan de Fomento da Lectura 2017-2020, baixo o lema Ler dáche vidas extra, é unha das medidas contempladas no Plan Cultura 2020, e está dotado con 7,2 millóns de euros para este ano 2017.
Obxectivo
Este novo Plan ten como principal obxectivo o incremento da demanda lectora mediante a promoción, extensión e consolidación do hábito da lectura.
Descarga do plan
Liñas estratéxicas do Plan de Fomento da Lectura
O Plan de Fomento da Lectura configúrase como unha proposta aberta para que poidan seguir introducíndose novas medidas no futuro. Sen prexuízo diso, establécense unha serie de liñas que dotan de coherencia ás actuacións que leven a cabo:
  • Promoción dos hábitos lectores mediante ao apoio a eventos propiamente literarios. Outorgarase maior importancia á familia como transmisora do gusto pola lectura.
  • Impulso da lectura no ámbito educativo.
  • Reforzo do papel das bibliotecas no acceso á lectura.
  • Fortalecemento do sector do libro.
  • Fomento do respecto á propiedade intelectual.
  • Mellora das ferramentas de análise.
Impulso da lectura no ámbito educativo
A Lei 10/2007 sinala, no seu artigo 4.1., que "os plans de fomento da lectura considerarán a lectura como unha ferramenta básica para o exercicio do dereito á educación e á cultura". De acordo con este mandato, a segunda liña estratéxica do Plan engloba actuacións como as seguintes:
  • Consolidación da lectura como instrumento multidisciplinar
  • Formación dos/das docentes
  • Potenciación das bibliotecas escolares
  • Fomento da lectura en centros educativos:
    • Convocatoria de proxectos de boas prácticas e outros premios e concursos
    • Posta en marcha de proxectos de iniciación precoz á lectura
    • Programas de prevención e detección de dificultades de aprendizaxe na lectura
    • Creación e difusión de recursos didácticos para mellorar a comprensión lectora
    • Outras accións de fomento da lectura en centros de ensino primario e secundario
Envío de suxestións
A cidadanía pode enviar propostas a través dun formulario:
Recursos descargables
  • Para lectores/as
  • Para docentes
  • Para persoas con discapacidade
  • Para familias
  • Para bibliotecas

11/10/17

Con Tanxarina na Casa de Cultura




















Na xornada deste mércores 11 de outubro o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria estivemos gozando co grupo Tanxarina da súa espectacular versión de A Galiña Azul. 
A compañía Tanxarina Títeres fundouse en 1983 por varios ex- alumnos de Harry Tozer, profesor de construcción e manipulación de marionetas con fíos do Institut del Teatre de Barcelona. Esta compañía ten presentado os seus traballos nos máis importantes festivais de teatro de títeres do estado, Europa e América. 
Despois o alumnado de terceiro fixemos unha ruta pola vila para ir coñecer, entre outras cousas, a casa na que vivu a partir dos catro anos o autor de A Galiña Azul, Carlos Casares, no grupo Santa Mariña.





9/10/17

Día mundial da saúde mental

Para a Organización Mundial da Saúde (OMS), a saúde mental defínese como "un estado de benestar no cal o individuo é consciente das súas propias capacidades, pode afrontar as tensións normais da vida, pode traballar de forma produtiva e frutífera e é capaz de facer unha contribución á súa comunidade".
A importancia da saúde mental destácase tamén na definición de saúde que figura na propia Constitución daOMS: "A saúde é un estado de completo benestar físico, mental e social, e non soamente a ausencia de afeccións ou enfermidades".

Para coidar a nosa saúde mental, debemos atender:
  • Os hábitos de alimentación: para previr problemas de saúde física e mental, o ideal é ter unha dieta equilibrada.
  • O autocoidado: é dicir, poñer atención á hixiene persoal, a vestimenta, etc.
  • O estilo de vida: debemos potenciar os ritmos tranquilos, gozar das cousas importantes da vida e do tempo de ocio, evitar o estrés e os excesos, fuxir do sedentarismo, etc.
  • O consumo de tóxicos: é importante reducir ou evitar o consumo de substancias tóxicas, tanto legais coma ilegais, para axudar a previr a aparición de enfermidades mentais.
    O trastorno mental é unha alteración de tipo emocional, cognitivo e/ou do comportamento no que quedan afectados procesos psicolóxicos básicos como a emoción, a motivación, a cognición, a conciencia, a conduta, a percepción, a aprendizaxe e a linguaxe, o cal dificulta a adaptación da persoa ao ámbito cultural e social no que vive e crea algunha forma de malestar subxectivo.
    É importante saber que as enfermidades mentais poden tratarse para lograr a recuperación ou permitir que a persoa que a padece poida ter unha mellor calidade de vida.
  • É fundamental entender a enfermidade mental como unha parte da nosa vida e unha circunstancia máis da persoa, e non como un elemento que anula o resto das nosas capacidades.
  • En Galicia, hai cerca de 30.000 persoas con certificado de discapacidade por enfermidade mental, sendo esta a segunda causa de discapacidade despois da física. Estes datos, recollidos no censo da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia 2015, revelan que se trata dun problema cunha amplísima repercusión, tanto nas persoas con enfermidade mental como nos seus familiares.



4/10/17

Día da ciencia en Galicia


Lembrando o nacemento do Padre Feijoo tal día coma hoxe, este 4 de outubro, a Real Academia Galega das Ciencias celebra o acto central do Día da Ciencia en Galicia. Homenaxéase ó Meteorólogo e Botánico Baltasar Merino e entrégase o II Premio de Xornalismo Científico ó redactor de GCiencia, Manuel Rey Pan

2/10/17

Semana Europea da Custodia do territorio



Custodia provén do latín “custodia/custodiae”; gardar, conservar, respectar ou coidar.
custodia do territorio é un conxunto de estratexias e instrumentos que pretenden implicar ós propietarios e usuarios do territorio na conservación e o bo uso dos valores e os recursos naturais, culturais e paisaxísticos.

Lucenza: un ejemplo de unión vecinal para prevenir los fuegos en el monte

Los vecinos de esta aldea del ayuntamiento de Cualedro (Ourense) decidieron actuar tras el devastador incendio que arrasó la Sierra del Larouco en 2015. Este mes comenzarán las obras para cerrar buena parte del monte vecinal donde están introduciendo caballo gallego y vaca cachena para aprovechar la biomasa.

En ourense a partir do 3 de outubro



1/10/17

2 de outubro: Día Internacional da Non violencia

 

O Día Internacional da Non violencia conmemórase o 2 de outubro polo aniversario do nacemento de Mahatma Gandhi, líder do movemento da Independencia da India e pioneiro da filosofía e a estratexia da non violencia.
O principio da Non violencia ten unha relevancia universal e busca conseguir unha cultura da paz, tolerancia e comprensión. Como dixo Ghandi «a Non violencia é a maior forza a disposición da humanidade. É máis poderosa que a arma de destrucción máis poderosa concebida polo inxenio do home».

Mohandas Karamchand Gandhi (1869).


Pequeno gran home, hoxe considerado “Pai da nación India” (“Bapu”) polo seu relevante papel na loita pola Independencia fronte ó Imperio Británico e pola súa capacidade de unificar a millóns de persoas.

Na actualidade símbolo da paz  e  da verdade, Gandhi destacou pola súa capacidade de mobilización,  a súa humildade e a súa forza de vontade.