29/11/17

Entrega de premios do "I Concurso de Cartas Literarias"

Hoxe, as axudantes da Biblioteca Escolar, acompañadas por integrantes do Equipo de Dinamización da mesma e polo director do centro fixeron entrega ás gañadores e gañadores do I Concurso de Cartas Literarias do seu premio. "Poemar o mar" de Antonio García Teijeiro (libro que obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2017) foi o título que lle entregaron a Bruno, Enma, Aldara e Uxía, mentres que para Lucas foi a marabillosa "Galiña Azul" do noso ilustre veciño Carlos Casares (ao que lle adicamos o Día das Letras Galegas e todo este ano 2017). Moitos parabéns a todas estas escritoras e escritores do futuro e a to@s @s demais ... animarse a participar porque TI PODES SER A/O SEGUINTE!


24/11/17

Materiais de Lectura

SILE (Sigue lendo; eles dinno en castelán) é un servizo integral de lectura (de Edelvives): un espazo con múltiples recursos para convertir o centro e a aula nun auténtico universo lector.
Guías de lectura, ideas para celebrar días especiais, artículos de interese e propostas para realizar antes, durante e despois da lectura...
TA-TUM: LIBROS QUE LATEN
Unha plataforma de lectura onde a literatura cobra vida. Plataforma gamificada. Posibilidade de subscribirse alumnado e profesorado. Para ir abrindo boca- podes rexistrarte en www.ta-tum.com e adentrarte no universo onde os libros viven. Código de acceso á versión demo 23jLpA16.  
Pásate pola biblioteca que temos algúns materiais interesantes disto. No recunho de NOVIDADES PROFES: voa, cabalga, explora, loita con muíños, ri, ama, chora, aventúrate, surfea volcáns, imaxina moi forte... SEGUE LENDO.

22/11/17

Con motivo do 25 de novembro


   Este xoves tocoulle ó noso centro esta visita de Tamara, Juan e Heloise, que en nome do CDR "O Viso" estiveron facendo actividades co alumnado de 5º de primaria, con motivo desta data, do 25 de novembro. Moitas grazas!

                          Actividades para erradicar a violencia contra as mulleres

                                        Imaxes desta actividade nos CEIPs da Comarca

Santa Icía, patroa da música

Este venres, 24 de novembro, o Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia celebra o día de Santa Icía. Aínda que o propio día é o mércores 22. Santa Icía é considerada a patroa dos músic@s e, na súa honra, constitúese o día do seu santo coma o Día Internacional da Música. 

Difundimos desde aquí esta actividade para aqueles que queiran e podan participar. O cuarteto de cordas "Lugo Camerata" ofrecerá un concerto no Auditorio Municipal "Ángel Cocho" para conmemorar a data. A audición está prevista para o alumnado do conservatorio limián, pero abrirase ao público ata completar aforo; é completamente de balde. A actuación terá lugar a partir das 19:00 horas.

17/11/17

Traballos gañadores do I Concurso de cartas literarias


Neste outono tan "diferente", en canto ó tempo climatolóxico, respecto do doutros anos Papacontos, a mascota da nosa biblioteca, con motivo do Samaín, convidáranos a participar nun concurso de cartas dirixidas a calquera personaxe fantástica (bruxa, pantasma, protagonista de conto ou pelíxula...). 

Pois ben, tivemos bastante alumnado que participou; a todas e todos os nosos parabéns; agora publicamos os nomes dos gañador@s e os seus traballos.  

2º de primaria: Uxía Lorenzo Barja de 2º C
3º de primaria: Lucas Blanco Paz de 3º A
4º de primaria: Aldara Rodríguez Rodríguez de 4º B 
5º de primaria: Enma Montero Rodríguez de 5º A
6º de primaria: Bruno Campo González de 6º A

Traballos gañadores por nivel.



16/11/17

Exposición na Biblioteca para valorizarmos os recursos ornitolóxicos galegos








O CEIDA -Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia- promove a educación ambiental en todos os sectores sociales, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido. É froito dun convenio de colaboración entre a  Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio   da Xunta de Galicia, a  Universidade da Coruña   e o  Concello de Oleiros   para coordinar, dinamizar e promover a Educación Ambiental en Galicia.





As exposicións itinerantes son ferramentas de divulgación que permiten ao CEIDA traspasar os muros da súa sede e chegar a toda a cidadanía galega, co fin de fomentar entre ela a importancia de loitar contra o cambio climático ou de axudar na conservación do patrimonio natural e cultural. Na actualidade, conta cun total de 11 mostras que cede en préstamo a todas aquelas institucións, centros educativos, concellos, asociacións ou colectivos interesados e que dispoñan dun espazo habilitado para a súa exhibición. 
Un curso máis traemos para o noso Centro algunha exposición; neste primeiro trimestre xa está agardándote na biblioteca a primeira delas: Aves de Galicia. Para o segundo trimestre temos outra solicitada e concedida coa temática do cambio climático.

Aves de galicia
  • Son 14 paneis de 100 cm de ancho x 200 cm de alto.

A través desta exposición terás a posibilidade de coñecer as diferentes especies de aves que podes atopar en Galicia e os diferentes tipos de hábitats da avifauna da nosa comunidade. A mostra pretende tamén valorizar os recursos ornitolóxicos galegos e promover o gusto pola observación das aves, así como diversos consellos para aficionarse ao seu estudo e espertar unha actitude positiva. Os visitantes realizarán unha primeira aproximación ás aves de Galicia para un mellor coñecemento, aprecio e conservación das mesmas.

14/11/17

Aprender a pensar coa bilioteca escolar


Os vindeiros 1 e 2 de decembro celebraranse en Compostela (Palacio de Congresos) as VIII Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia, a cita anual do grande colectivo de profesorado que pon en pé as bibliotecas nos centros educativos, vinculado a temas de lectura e de educación para as competencias en medios e información, atento á complexidade social na que medra o alumnado, sensible á necesidade de acadar maiores cotas de igualdade... preocupado e ocupado, en definitiva, nalgúns dos grandes retos do mundo educativo actual.

   Fiadas co lema das bibliotecas escolares para este curso 2017/2018, Aprender a pensar coa biblioteca escolar, as xornadas ofrecen oportunidade para o encontro entre profesionais de distintos niveis educativos, de distintas disciplinas, con experiencia variada pero co interés sempre vivo. Serán ocasión para coñecer en profundidade programas relacionados co tratamento da filosofía cos máis pequenos, analizar os cambios que se están a producir no amplo mundo das bibliotecas, coñecer os rudimentos do pensamento crítico, as posibilidades da educación mediática ou analizar as potencialidades da literatura infantil e xuvenil (da literatura en xeral), para espertar o gusto polo coñecemento e manter viva a capacidade de asombro. 

   As xornadas serán plataforma para difundir experiencias de interese que se están a dar no contexto das bibliotecas escolares galegas relacionadas coa lectura, o voluntariado na biblioteca, o desenvolvemento do Proxecto Lector de Centro, a introdución da robótica, as alfabetizacións múltiples, a evolución do modelo de biblioteca ou o desenvolvemento de proxectos a través de metodoloxías activas, con moi distintas temáticas.
                                  http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1026

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/programa_xornadas_17.pdf 

12/11/17

Estamos de Magosto! (2)

E seguimos de festa! Os maiores do cole fixemos unha ruta para coñecer o entorno da Torre de Pena e a súa conexión co Mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras. Unha vez alí, fixemos o roteiro ata o "Banco máis fermoso da Limia" e poidemos contemplar a beleza da nosa terra. Rematamos con empanada, bolos preñados, doce e castañas. Temos que agradecer á Agrupación Local de Voluntarios de Protección Civil de Xinzo de Limia a súa colaboración na organización do Magosto e ao pai de Dani Gándara por ternos tan ben asadiñas todas as castañas que comimos... Non quedou nin unha!!!
Aquí tedes moitas fotos do ben que o pasamos este día.

11/11/17

Estamos de Magosto! (1)

Como cada ano celbramos no cole esta festa tan da nosa terra. Os máis pequenos quedamos no cole e partcipamos nun montón de xogos populares... O brilé, o pano, as carreiras de sacos, ... foron algunhas das probas nas que participamos e coas que pasamos moitos momentos de troula! E rematamos con empanada, bolos preñados, doce e castañas ... Que máis se pode pedir! Temos que dar as grazas a todo o profesorado e ao persoal non docente e do comedor escolar porque sen a súa implicación estas actividades non serían posible. Aquí deixámosvos un montón de fotos para que comprobedes o ben que o pasamos.


9/11/17

Polo San Martiño peóns ó camiño


Velaquí unha interesante páxina da que tomamos esta información. Ademais no corredor de acceso á biblioteca temos os 21 carteis da exposición sobre o peón. Achégate a lela e trae o teu peón.

Convocatoria do Día do Peón 2017

Baixo o lema de “Polo San Martiño, peóns ao camiño”, pretendemos que os días previos e posteriores ao 11 de novembro (este ano  coincide en sábado) se convirtan nunhas datas na que os peóns tomen as prazas e rúas do país.

Manifesto do Día do Peón

Para quen quera engadir dentro das actividades do Día do Peón a lectura do manifesto deste ano, pode descargalo facendo clic na seguinte imaxe. Agardecémoslle a Daniel Pino Couñago a súa autoría.
MANIFESTO-DO-PEÓN.pdf

8/11/17

Laberinto no Auditorio e visitas en Ourense e Allariz

O pasado sete novembro o alumnado de cuarto, quinto e sexto de Educación Primaria fomos ao Auditorio Municipal de Ourense á posta en escea de "Laberinto", onde se nos amosa que  o camiño máis doado non sempre é o que te axuda a saír do labirinto. Para saír sempre precisas ter un camiño que te leve pola vida, os amigos, a familia, a escola... Daniel sabe que na casa non sobra o diñeiro, mais, por que non pode ter un Iphone como os seus amigos? Ou unhas Nike Air Zoom Pegasus 34? A el gustaríalle deixar os estudos e traballar para poder mercar o que quixese.... Un alegato contra o consumismo e o "o imperio das marcas" tan presente hoxe en día.
Posteriormente, os grupos de cuarto visitaron o Claustro do Convento de San Francisco (hoxe en obras), visitaron a sala que o Museo Arqueolóxico de Ourense alí ten para finalizar este día tan completo cunha visita ao casco histórico de Allariz.



TENDENCIAS

Regálale a tu hijo un mejor futuro

leyéndole durante 15 minutos 

al día

Los científicos han desvelado que leer cuentos de manera regular a los niños les aporta muchos beneficios de cara al futuro.

03/11/2017 10:52 CET 


PIXABAY
Es viernes, son las siete de la tarde y mi hija Mila sostiene un libro entre las manos mientras me observa con mirada expectante. Es hora de leer un cuento de buenas noches. Para muchas familias esto se ha convertido en un ritual nocturno obligatorio antes de que se apaguen las luces. Nosotros no somos una excepción.
Sea el cuento que sea, a la mayoría de los niños les encantan los libros, ya que cada historia ofrece la oportunidad de embarcarse en un pequeño viaje a otro mundo. A cualquier niño de cualquier edad le encanta que se le lea un cuento.
Lo que muchos padres desconocen es que están haciéndoles un maravilloso regalo a sus hijos: los expertos han revelado que leer cuentos de manera regular a los niños les aporta muchos beneficios de cara al futuro.
Según Simone Ehmig, directora del Instituto de Investigación en Lectura y Medios de Alemania, los padres que invierten 15 minutos al día en la lectura están marcando una gran diferencia para sus hijos.
A continuación se enumeran seis sorprendentes efectos que tiene la lectura en el desarrollo de los niños:

1. Los niños desarrollan una mayor imaginación y les resulta más fácil concentrarse

"Un niño al que se le leen cuentos de manera regular tiene más fantasía e imaginación que otros niños", apunta Alexandra Winzinger, psicoterapeuta infantil y juvenil de Múnich. Además, mientras se le lee, el niño tiene que escuchar y prestar atención, "lo cual desarrolla la capacidad de concentración".

2. Aprenden antes a hablar y a leer

"Mediante la observación de la mímica y el tono de voz que emplean la madre o el padre, el niño aprende a deducir el significado de la palabra que está escuchando. De este modo se refuerzan la adquisición del lenguaje, las habilidades lingüísticas y la competencia lectora", afirma la psicoterapeuta.

PEXELS

Aquellos niños a los que se les lee poco podrían presentar dificultades en el futuro a la hora de imaginarse cómo se combinan las letras o cómo se producen los sonidos con la lengua. Por consiguiente, también les resultará más complicado aprender a escribir que a otros niños.

3. Obtienen mejores resultados en el colegio

"Estos niños obtienen calificaciones notablemente superiores a aquellos a los que no se les ha leído", asegura Ehmig, investigadora en el campo de la lectura. Y esto no solo se aplica a la asignatura de Lengua, sino que también se ha observado un mayor rendimiento en otras asignaturas como Matemáticas.
"Por lo tanto, la lectura es una manera maravillosa de reforzar las oportunidades de formación de un niño", señala la experta.

4. Son más inteligentes

Los niños a los que se les lee a menudo no solo son más creativos y productivos, también son más inteligentes, según han revelado los estudios.
Un grupo de científicos de la Universidad de Nueva York descubrió en 2013 que la lectura interactiva, consistente en hacer preguntas al niño y proporcionar explicaciones durante la lectura, aumenta su coeficiente intelectual en una media de seis puntos. De acuerdo con las conclusiones de los investigadores, este efecto se hace especialmente notorio antes del cuarto año de vida.
Para explicar esta situación, los científicos aducen que los niños expuestos a la lectura tienen una mayor estimulación cognitiva que aquellos que no lo están.
Ehmig también resalta la importancia de la interacción durante la lectura y añade que "los audiolibros también son efectivos y son un buen complemento, pero no sustituyen a la lectura en voz alta".

5. Son más empáticos

Además de fomentar las capacidades cognitivas, la lectura también promueve las capacidades emocionales. "Los niños tienen la oportunidad de ponerse en el lugar de los personajes de las distintas historias, con lo que adquieren la capacidad de empatizar, aumentando por tanto su inteligencia emocional", comenta Winzinger.
Aimismo, de acuerdo con un estudio sobre lectura realizado en 2015 por el Instituto de Investigación en Lectura y Medios, los niños adquieren un mayor sentido de la justicia.

6. La lectura refuerza el vínculo con los padres

Este es un efecto muy importante que a menudo se deja de lado: pocas cosas ayudan a estrechar lazos entre padres e hijos como la lectura.
Padres e hijos comparten un tiempo muy valioso. El niño se sienta en el regazo del padre o la madre y su suave voz crea un ambiente agradable en el que pueden reírse juntos de las travesuras del personaje en cuestión, lo que genera un sentimiento de unión.
"También es importante que la lectura no se olvide y continúe cuando los niños ya estén en el colegio y aprendan a leer por sí mismos", recomienda Simone Ehmig.
"Cuando los niños entran al colegio, los padres tienden a pensar que ya no deben leerles, porque esto podría perjudicar el proceso de aprendizaje de la lectura", cuenta. Además, "a menudo a los niños les produce frustración que se les ponga delante un texto de un nivel inferior al que están acostumbrados". Lo que deben hacer los padres para evitar esta situación es seguir leyendo cuentos a sus hijos cuando entren a la escuela, pero también practicar la lectura de textos sencillos, aconseja la experta.
En resumen, la lectura promueve el desarrollo de los niños a nivel cognitivo, emocional y social. Esos 15 minutos que los padres invierten al día en la lectura constituyen un regalo de inestimable valor para sus hijos.
Este artículo fue publicado originalmente en el 'HuffPost' Alemania y ha sido traducido del alemán por María Ginés Grao.

7/11/17

Conmovedor Leonard Cohen


Todo comezou nesta terra

                                                   Un ano sen el

6/11/17

NOVOS NA BIBLIOTECA !!!

Si, hoxe mesmo acabamos de incorporalos.


 

4/11/17

Coñecemos o noso pobo. Visitamos a froitería

O pasado xoves 2 de novembro o alumnado de catro anos do cole fomos coñecer como é unha froitería e como traballan alí. Visitamos "FRUTALIA", que queda moi pertiño da nosa escola. Alí Michel e Sonia ensináronos moitos tipos de froitas, e explicáronos que a froita é moi sana e que temos que comer alomenos cinco pezas de froita e verdura todos os días se queremos crecer moi sans. Despois mercamos varios tipos de froitas para levar a clase.... e eles regaláronnos dous caixas grandes de fresas!! Pasámolo xenial. Moitas grazas!




2/11/17

Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas

ENTUSIASMO E PROXIMIDADE SON A CLAVE DA DIVULGACIÓN CIENTÍFICA. Ángel Carracedo.

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vaise impulsar a celebración anual do mes de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de MANIFESTO,  do científico Ángel Carracedo, profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago de Compostela. Conocido investigador e divulgador científico, Ángel Carracedo ten colaborado coas bibliotecas, tanto públicas como escolares, na difusión dos valores científicos e do acceso ao coñecemento. 
Desde a Asesoría de bibliotecas escolares realizouse unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia, en galego, que se pon a disposición de todas as bibliotecas: libros e unidades didácticas descargables en formato pdf, páxinas web de institucións, museos e asociacións de profesores e divulgadores científicos, convocatorias e propostas, blogues de ciencia dos centros educativos, experiencias de bibliotecas escolares, etc.               http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/711

  • MANIFESTO DE ÁNGEL CARRACEDO 
  • FOLLETO INFORMATIVO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
  • MATERIAIS. MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS